O próximo 2 de abril, Lugo acollerá unha presentación dobre: por unha parte presentarase o libro “Realidades e horizontes da educación en Galicia” que homenaxea ao membro do noso consello de redacción o profesor Antón Costa e por outra presentarase o último número da revista que versa sobre a comunidade e participación das infancias.
O acto comezará ás 18 horas e terá lugar no salón de actos do Centro Sociocultural O Vello Carcere. Velaquí o cartel do evento:
