Unha década de proxectos colaborativos no CEE O Pedroso

Resumo

O artigo relata a experiencia de traballo colaborativo no CEE O PEDROSO ao longo de dez anos, como estratexia metodolóxica e didáctica eficaz para a adquisición de competencias clave no traballo con alumnado que presenta trastornos graves de conducta, conseguindo así o obxectivo dunha educación máis inclusiva. Descríbense as características do entorno docente, o contexto de aprendizaxe, as estratexias metodolóxicas e didácticas, así como o carácter interdisciplinar da experiencia educativa.

El artículo relata la experiencia de trabajo colaborativo en el CEE O PEDROSO a lo largo de diez años, como estrategia metodológica y didáctica eficaz para la adquisición de competencias clave en el trabajo con alumnado que presenta trastornos graves de conducta, consiguiendo así el objetivo de una educación más inclusiva. Se describen las características del entorno docente, el contexto de aprendizaje, las estrategias metodológicas y didácticas, así como el carácter interdisciplinar de la experiencia educativa.

The article reports the experience of collaborative work in the CEE O PEDROSO over ten years, as an effective methodological and didactic strategy for the adquisition of key skills in the work with students with serious behavioral disorders, thus achieving the objective of a more inclusive education. The chracteristics of the teaching environmente, the learning context, the methodological and didactic strategies, as well as the interdisciplinary nature of the educational experience are described.

Texto

Características do contexto educativo 

O colexio de educación especial O Pedroso é un centro docente público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, deseñado para alumnos que presentan trastornos graves de conduta (Trastorno negativista desafiante, trastorno disocial). É un recurso específico para aquel alumnado ante o que o contexto educativo ordinario –escola e familia⎯ fracasou nos obxectivos de educación, socialización e de benestar mental. Está situado en Santiago de Compostela pero por ser único nas súas características o alumnado procede de toda Galicia.

O colexio, con capacidade para 12 alumnos/as que se escolarizan en réxime de internado, ofrece un modelo mixto médico-pedagóxico cuns programas médico-psico-educativos específicos avaliados por experiencias previas, cunha oferta curricular aberta e flexible, cunha metodoloxía cooperativa, tanto no funcionamento interno como nas formas de convivencia e orientación pedagóxica, e cun programa de modificación da conduta deseñado para que o alumnado acade o obxectivo global de “educación-integración-adecuación para a vida”.

Tendo en conta este contexto educativo no que o alumnado (tanto de educación primaria como de educación secundaria) procede dunha historia de desescolarización por comportamentos disruptivos graves, a tarefa pedagóxica debe ir encamiñada non só á adquisición de competencias clave senón que presenta outros obxectivos como: 

  • Eliminación dos comportamentos disruptivos.
  • Adquisición de estratexias prosociais.
  • Integración nos ámbitos ordinarios.

En definitiva, unha educación inclusiva. 

As tarefas dos e das educadoras e demais persoal técnico e escolar

 Poderían resumirse todas as características que fan necesaria a intervención con alumnado que presenta trastornos graves de conduta como “colaboración multiprofesional”. No colexio O Pedroso conviven na intervención educativa co alumnado, persoal docente, persoal auxiliar coidador, persoal educador, e psicólogo clínico do SERGAS, pero se nos centramos nas características propias que a equipa docente desenvolveu para o traballo nos proxectos colaborativos estas son: 

  • Comunicación: manter un elevado nivel de comunicación cotiá, tanto nos encontros improvisados como no encontro planificado, permitindo abordar abertamente aspectos relativos ao proxecto. 
  • Decisión: apoiarse no consenso e no intercambio grupal, así como no exercicio da autonomía e responsabilidade persoal e na autoridade e xerarquía cando a situación o requira.
  • Coordinación: fundamental no senso de acadar eficiencia nas actuacións.
  • Responsabilidade: considerar os perfís profesionais cun equilibrio na adxudicación de tarefas entre intereses e eficacia.
  • Rendibilidade: que as iniciativas individuais revertan no beneficio do grupo e viceversa. 
  • Funcionalidade: coa creación de miniequipos que dean resposta a necesidades específicas.
  • Produtividade: creación de materiais, instrumentos… que revertan no grupo. 
  • Protocalización: aplicación do programa de modificación de conduta
  • Identidade: mantemento dunha identidade compatibilizada coa inserción no conxunto. 
  • Dinamismo: capacidade para o cambio e rectificación.

O proxecto colaborativo como estratexia didáctica

Desde hai dez cursos comezamos a traballar de xeito colaborativo, primeiro establecendo un centro de interese para cada curso escolar, de maneira que todo o alumnado se sentise como parte dun todo independentemente do seu nivel curricular ou da materia a traballar. Pouco a pouco percibimos que esta metodoloxía de traballo en equipo resultaba perfecta para a construción de coñecementos e a adquisición de competencias e habilidades sociais. 

Ao longo dos proxectos, fómoslle dando forma e organizando as estratexias de traballo no Proxecto Colaborativo, formando pequenos grupos mixtos e heteroxéneos tanto de idade como de nivel curricular, incluso de etapas educativas distintas, en todas as ocasións que puidemos percibir que os alumnos traballaban de forma coordinada entre si. Houbo que coidar dous aspectos moi importantes no deseño destes grupos: que os obxectivos dos participantes estivesen estreitamente vinculados, e que o sistema de interaccións fose coidadosamente deseñado.

Así conseguimos, nun alto grao, os obxectivos que perseguiamos: 

  • a interdependencia positiva: a consecución dos obxectivos depende do traballo de todos os integrantes do grupo.
  • responsabilidade individual e grupal: compromiso de grupo, de modo que todos asumen a responsabilidade de alcanzar os obxectivos grupais e compromiso individual, que significa que cada un se responsabilizará dos obxectivos propios.
  • interacción estimuladora: os alumnos promoven o éxitos dos demais, xa que os traballos alcanzan resultados positivos grazas ao esforzo e ás contribucións conxuntas.

Cómpre salientar que por motivos pedagóxicos e loxísticos a duración das clases, o horario, as materias que se imparten e os agrupamentos son moi diferentes aos dun centro ordinario, sendo a atención que recibe o noso alumnado individualizada. Así mesmo, debido ás características do noso colexio, nalgunhas sesións coinciden, ademais, alumnos de diferentes cursos e idades como circunstancia da heteroxeneidade dos agrupamentos.

Inspirándonos ademais nos principios do Plan Lía de Bibliotecas Escolares, enseguida descubrimos que a biblioteca de centro, a nosa Pedroteca podía ser o eixe dinamizador deste método de traballo. Porque os desafíos do Plan Lía eran e son tamén os nosos: 

  • Que a Pedroteca sexa verdadeiramente inclusiva, para unha mellor atención á diversidade.
  • Que a Pedroteca sexa un centro creativo de aprendizaxes, un verdadeiro laboratorio.
  • Que a Pedroteca sexa un centro de alfabetizacións múltiples, que contribúa á mellora das capacidades lectoras do alumnado e a avanzar na incorporación da lectura dixital.
  • Que a Pedroteca contribúa ao desenvolvemento das competencias ALFIN/AMI do noso alumnado.
  • Que a Pedroteca contribúa a fomentar as aprendizaxes por proxectos e outras metodoloxías activas e colaborativas.

O caracter interdisciplinar dos nosos proxectos

A continuación explícanse máis detalladamente dous dos proxectos que desenvolvemos, presentando a estrutura do proxecto, a súa interdisciplinariedade e as actividades levadas a cabo. 

Proxecto colaborativo “Aos catro ventos”

INTERDISCIPLINARIEDADEACTIVIDADES
RECUNCHO DE AULASamaín, a publicidade na xeografía e historia, folletos turísticos Galicia, Thanksgiving Day, o voto feminino na prensa escrita, 25N día contra a Violencia de Xénero, descifrando códigos, Halloween, christmas, St. Valentine’s Day, deuses gregos, invitación á lectura, lemas publicitarios e bioloxía, a publicidade e a tecnoloxía. -Elaboración de cartelería, folletos turísticos e Christmas, marcapáxinas -Interpretación de gráficas na prensa escrita e dixital. -Análise da linguaxe publicitaria
RECUNCHO DIXITAL  Buscando información, actualidade, “Haka” contra a violencia de xénero, o Spot publicitario.-Traballos coas competencias mediáticas. -Análise da campaña publicitaria “Global Muiñeira”, e a lotería de nadal -Creación audiovisual: elaboración dun “Haka”, elaboración dun spot publicitario.
RECUNCHO CIENTÍFICOXornadas Micolóxicas: IX e Xornadas Micolóxicas no Pedroso.-Saída polo entorno do monte Pedroso, recollida de setas, clasificación, elaboración de carteis, concurso de fotografías, elaboración de cestas, creación dun panel expositor, elaboración de botes de “Boletus Edulis” mediante o proceso de secado.
RECUNCHO DAS LETRASSempre haberá poesía, Concurso de poesía, Día da poesía, Letras Galegas, Miniconcertazo Letras Galegas 2018, Día do Libro 2018.-Creación audiovisual e podcasts: recitado de poemas -Concurso de poesía -Celebración dun “Miniconcertazo”na biblioteca. -Visita ao Museo do Pobo Galego. -Celebración dunha romaría popular galega. -“A volta ao mundo en 80 libros”
RECUNCHO ARTÍSTICOAos catro ventos, Nadal 2017 e 2018, I Encontros Artísticos, Encontro teatral na Biblioteca, Miniconcertazo “A música clásica e a publicidade”, A arte na publicidade.-Creación do logotipo “Aos catro ventos” -Elaboración de adornos de Nadal con lemas publicitarios. -Representación teatral na biblioteca. -Celebración dun “Miniconcertazo” na biblioteca.
RECUNCHO BULIDEIRODía das Bibliotecas Escolares 2017: Obradoiro 1: Análise de logotipos, Obradoiro 2: Creación de cartaces, Día das Bibliotecas Escolares 2018, Visita é Escola Galega de Consumo, Magosto 2019, Día da Paz, O entroido 2018 e 2019, semana da prensa, xogos tradicionais, os Maios no Pedroso.-Visionado de vídeos publicitarios, debate. -Obradoiros de creación de anuncios publicitarios e carteis. -Matemáticas e poesía. -Visita á escola galega de consumo. -Creación de disfraces “persoa-anuncio”

De seguido podemos ver algunhas imaxes do traballo realizado:

Proxecto colaborativo “A arte de… II”

INTERDISCIPLINARIEDADEACTIVIDADES
EMOCIONARTESempre ao teu carón, AmedrentArte, AmArte, NaturArte concurso, Libro de Arte.-Creación audiovisual e podcasts: interpretación de textos de escritoras. -Elaboración da unidade didáctica “A Arte de Amedrentar”, creación audiovisual. -Taller literario. -Concurso fotográfico, taller de fotografía. -Taller de Arte: elaboración dun Libro de Arte. -Creación dun cómic relacionado cós dereitos humanos.
LEMBRARTEMagosteArte, Nadal, Entroido con Arte, Día do Libro, Día de Rosalía, Arte Patrimonial, Arte Floral (Os Maios), Día das Letras Galegas.Celebración Magosto. Miniconcertazo. -Árbore de Nadal, creación dunha árbore colgante, árbore 2D e 3D. Creación audiovisual: elaboración dun titorial. -Obradoiro de disfraces: “Os médicos da Peste Negra”. -Obradoiro de marcapáxinas. -Traballo coas competencias mediáticas: Construcións patrimoniais galegas e ferramentas tradicionais en Galicia. -Obradoiro en 3D: Arquitectura no mundo. -Obradoiro de Maios. -Creación audiovisual: O Rap da Máscara.
VALORARTEDía Internacional contra a Violencia de Xénero, Día da Paz, 8M-Día da Muller.-Creación audiovisual: “É a violencia de xénero que non para..” -Obradoiro de cartaces. -Performance poética, artística e musical: “Rafael Alberti, Guernica e Beethoven”. Obradoiro de creación audiovisual, literaria, artística e musical. -Traballo coas competencias mediáticas: “Mulleres filósofas e científicas”.
APRENDER A APRENDERApps: A) XII Xornadas Micolóxicas B)Recoñecemento de plantas, Time-Lapse no Pedroso, Investig-Arte: a)O picudo vermello B)Cienci-Arte coas velutinas, MusicArte, TICArte, deuses mitolóxicos.Traballo coas competencias mediáticas: APPS, recoñecemento de setas e plantas no Monte Pedroso. -Elaboración dun Time-Lapse. Creación audiovisual. -Traballo có método científico: o picudo vermello, as velutinas. -Obradoiro artístico e musical: MuiscArte. -Traballo coas TICS: TICArte.

De seguido podemos ver algunhas imaxes do traballo realizado:

Todos os Proxectos Colaborativos desenvolvidos durante estes dez cursos pódense consultar ao completo na nosa web e nas seguintes ligazóns:

Referencias bibliográficas

  • Carbonell Sebarroja, Jaume (2016): Pedagogías del Siglo XXI: alternativas para la innovación educativa. Editorial: Octaedro.
  • Pujolàs i Maset, Pere (2017): Aprender juntos alumnos diferentes: los equipos de aprendizaje cooperativo en el aula. Editorial: Octaedro.
  • Vergara Ramírez, Juan José (2015): Aprendo porque quiero: el aprendizaje basado en proyectos (ABP), paso a paso. Ediciones SM.

Descargar artigo

You can download this paper in the next formats:

Banners

Compartir