Transtorno do Espectro Autista: orientándose cara ás persoas

Resumo

Xerar experiencias vitais en contornas inclusivas é a nosa preocupación, apoiada en catro principios reitores que impregnan a organización e dan sentido ás nosas accións: calidade de vida e benestar individual, centrada na mellora da calidade de vida das persoas con TEA e as súas familias, dende una perspectiva ética e dos dereitos individuais, participación na comunidade.

Generar experiencias vitales en entornos inclusivos es nuestra preocupación, apoyada en cuatro principios rectores que impregnan la organización y dan sentido a nuestras actuaciones: calidad de vida y bienestar individual, centrada en la mejora de la calidad de vida de las personas con TEA y sus familias, desde una perspectiva ética y de los derechos individuales, participación en la comunidad.

Generating life experiences in inclusive environments is our concern, supported by four guiding principles that permeate the organization and give meaning to our actions: quality of life and individual well-being, focused on improving the quality of life of people with ASD and their families, from an ethical perspective and individual rights, participation in the community.

Texto

A preocupación coa que comezamos

Bata comezou en 1989 cunha idea clara: queriamos a inclusión no ámbito familiar, escolar, laboral… e todo iso tiña sentido se servía para que as persoas con Trastorno do Espectro Autista (en diante TEA) levasen unha vida en igualdade de condicións e oportunidades co resto de persoas.

Xerar experiencias vitais en contornas inclusivas. Esta declaración foi o foco que nos guiou nos máis de 30 anos da nosa historia.

No noso ideario hai palabras que sempre nos acompañan: boa vida, mellora da calidade desta, benestar, necesidades e intereses das persoas, comunidade, importancia das relacións persoais significativas, autodeterminación, inclusión e exercicio e defensa dos dereitos. Todo iso apoiado en catro principios reitores que impregnan a organización e dan sentido ás nosas accións.

  • Calidade de vida e benestar individual: entendendo que o desenvolvemento de programas e servizos debe ter como obxectivo conseguir melloras no benestar persoal, independentemente do grao de necesidades de apoio. Tendo en conta que todas as persoas teñen necesidades, expectativas, preferencias e soños diferentes.
  • Mellora da calidade de vida das persoas con TEA e das súas familias: cun papel claro para a persoa e a súa familia e cos valores da PCP (Planificación Centrada na Persoa) :
    • Maior presenza e participación na comunidade.
    • Facilitar e aumentar a toma de decisións e a autodeterminación.
    • Incrementar as relacións persoais.
    • Ser respectado e tratado por igual.
  • Dende unha perspectiva ética e dos dereitos individuais: contemplar a intervención dende o compromiso coa procura da boa práctica profesional e organizativa, así como o exercicio dos dereitos individuais e sociais como marco de referencia para facer efectivo o recoñecemento da identidade. E isto implica o compromiso de actuacións encamiñadas a facilitar o control da propia vida, a autodeterminación e a realización de proxectos persoais de futuro, recoñecendo que cada individuo, alén da súa discapacidade, ten trazos, intereses e obxectivos propios e irrepetibles.
  • Participación na comunidade: establecer vínculos coas persoas que constitúen os soportes naturais dentro da comunidade.

Partimos do principio de que as persoas deben gozar da posibilidade de ter e exercer un control sobre a súa propia existencia para levar a cabo proxectos persoais desexados e construír relacións significativas que dean sentido ás súas vidas. Para conseguilo, é necesario contar coas suficientes habilidades comunicativas e estratexias sociais que utilizamos e que, precisamente, son as que requiren un maior apoio das persoas con TEA.

O contexto e a forma en que modulamos a interacción cos demais membros da comunidade, así como a capacidade de tomar decisións que afectan á nosa vida diaria, é a clave do “éxito”. As persoas con TEA atopan serias dificultades para comprender e afrontar un contexto de estímulos e emocións que adoita ser percibido como caótico e ao que tratan de poñer orde a través de rutinas e regras coas que estruturan, en maior ou menor medida, o seu medio.

Os beneficiosos cambios destes anos

As perspectivas de desenvolvemento da calidade de vida das persoas con autismo foron cambiando nos últimos anos. Non hai moito o termo autismo era sinónimo dun futuro marcado pola institucionalización e o illamento, e non obstante, hoxe en día, unha maior comprensión do trastorno e a posta en marcha de estratexias de apoio a idades temperás e en contextos vitais das persoas (familiar, escolar, comunitario etc.) permite desenvolver proxectos de vida. Por iso, é importante deseñar servizos que incidan na contorna, creando oportunidades de desenvolvemento persoal. Ser capaz de determinar cal é o contexto de recursos máis axeitado para cada persoa constitúe o reto máis importante para as organizacións, as familias e os profesionais.

De agora en diante, os esforzos céntranse en descubrir como podemos poñer a disposición das persoas con TEA recursos que faciliten o seu benestar individual. Hai que flexibilizar o máis posible a idea de servizo para adaptar os recursos dispoñibles ás diferentes necesidades e proxectos individuais.

Conseguir un maior grao de inclusión social, aumentar o control da propia vida e dispor de alternativas para facer efectivos os proxectos persoais, conforman o marco de referencia para o deseño de sistemas de apoio ás persoas con TEA.

Descargar artigo

You can download this paper in the next formats:

Banners

Compartir