Protocolo de acceso aos estudos universitarios dos estudantes con Trastorno do Espectro Autista: Novas perspectivas

Resumo

A investigación psico-social e educativa na área das Persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) avanzou de forma significativa, na que se refutan empiricamente novos principios nucleares da conceptualización do trastorno e, en consecuencia, é preciso considerar os novos presupostos básicos baseados nos modos do procesamento perceptivo-cognitivo do fenotipo particular das persoas con TEA.

La investigación psico-social y educativa en el área de las Personas con Trastorno del Espectro Autista (TEA) ha avanzado significativamente, en la cual se refutan empíricamente nuevos principios básicos de la conceptualización del trastorno y, en consecuencia, es necesario considerar los nuevos supuestos básicos basados en los modos del procesamiento perceptivo-cognitivo del fenotipo particular de las personas con TEA.

Psychosocial and educational research over area of People with Autism Spectrum Disorder (ASD) has highilghted significantly, in which new basic principles of disorder conceptualization are empirically checked and, therefore, it´s need consider these new basic hypothesis regardingperceptual-cognitive processing ways of particular phenotype of people with ASD.

Texto

Novas tendencias dos protocolos de actuación para o alumnado universitario

A base nuclear do trastorno está configurada por un modo particular do procesamento neurocognitivo, caracterizado polas limitacións na elaboración de nodos neuronais-relacionais entre os estímulos- contidos. A complexidade fenotípica xenética que conforma este trastorno, afecta significativamente ao proceso sináptico-interactivo, relacionado con fluxo da información entrante e saínte, limitada pola conexión mediante nodos-neurolóxicos autónomos, o que dificulta a codificación e a integración semántica dos contidos e o acceso á memoria permanente (memoria semántica) e, en consecuencia, a súa posterior recuperación de xeito significativo.

En síntese, un programa efectivo para facilitar a atención ao alumnado con TEA aos estudos universitarios deberá integrar a seguinte estrutura:

  1. Análise das necesidades psico-socio-educativas.
  2. Deseño dun plan de intervención.
  3. No ámbito organizativo propóñense medidas a nivel institucional e de aula:
    1. A nivel institucional:
      1. Delimitar a formación específica do profesorado e os estudantes implicados.
      2. Ampliar a formación específica ao ámbito da familia.
      3. Concretar os recursos de apoio que puidesen ser necesarios.
      4. Impulsar a creación de comisións específicas de apoio.
    2. No ámbito da aula:
      1. Delimitar a situación espacial que vai ocupar na aula.
      2. Reducir calquera conduta hipersensorial manifesta.
      3. Organizar traballos cooperativos en pequeno e gran grupo, preferiblemente de grupos permanentes, mediante Programas Baseados nos Datos.
  4. No ámbito individual:
    1. Presentar coa suficiente anticipación calquera tarefa prevista.
    2. Especificar de xeito claro e estruturado os contidos.
    3. Corroborar en cada sesión que o estudante comprendeu axeitadamente o obxectivo previsto.
    4. Delimitar os criterios de avaliación anticipadamente e flexibilizar o tempo de execución das actividades e dos tempos de avaliación.
  5. A nivel específico:
    1. Facilitar o uso de axendas persoais debidamente temporalizadas coas actividades cotiás planificadas.
    2. Aplicar a capacidade/contido semántico previamente aprendido en, polo menos, dous contextos diferentes (RP) (Figura 1).
    1. Seleccionar o contexto máis axeitado ao contido curricular e a consecuente resolución do problema (RP).
    2. Modificar morfoloxicamente a estrutura do contido (ver Figura 2).
    3. Presentar un novo contido semántico (CSN), relacionado co concepto semántico previo (CSP) (ver Figura 3).
    4. Aplicar o novo contido curricular en, polo menos, dous contextos diferentes (ver Figura 4).
    5. Seleccionar o contexto que mellor se axuste ao contido curricular novo (ver Figura 5).
    6. Aplicar a categoría conceptual nun novo contexto (C2).
    7. Incrementar e xeneralizar tantas categorías conceptuais que agrupan conceptos.
    8. Establecer a correspondencia da RP correcta co contido global curricular (ver Figura 6).

Conclusións

As RPs realizadas de xeito correcto polo estudante dentro dos diferentes contextos, son asumidas cognitivamente en calidade de Reforzo Educativo (RE), que constitúe o enlace dos diferentes procesos psicolóxicos básicos, incluídas as capacidades sinápticas relacionais, transformadas no nodo relacional (R) facilitador da posterior recuperación da información aprendida.

Na evolución nun estudo de caso único dun universitario con apoio realizado ao longo de 10 fases (sendo 0: valor baixo, e 5: valor alto) pode verse na Táboa 1.

Táboa 1. Evolución desde CSP- Recuperación.

Referencias bibliográficas

  • Ojea, M. (2022). Integrated scale for diagnosis of Autism Spectrum Disorder (ISD-ASD). International Journal for Innovation, Education and Research, 10(9), 202-274.

Descargar artigo

You can download this paper in the next formats:

Banners

Compartir