Para sabermos algo máis
Texto
Aproveitamos as seguintes liñas para ofrecer unha sintética escolma que pode ser de utilidade á hora de traballar na aula dende un enfoque interxeracional. Unha materia que, a medida que vai espertando máis interese institucional, incrementa as súas posibilidades de atopar espazos e protagonizar proxectos. A interxeracionalidade non é nada novo, está inscrita na nosa esencia, mais ese fomento de elos e cruzamento de tempos a través de estratexias socioeducativas pode non estar recibindo a atención que merece e, dende logo, a práctica non conta coa divulgación precisa para sentar referencias que permitan avanzar nese camiño. Velaí van uns recursos de fácil acceso que poden axudar na reflexión e na formación no campo interxeracional.
Guías para orientar a práctica
Guía para la intergeneracionalidad: Convertir los retos de las sociedades longevas en oportunidades. Informe Investigación. Recomendamos especificamente o capítulo de estándares que se pode atopar na páxina 62 en tanto que formula unha serie de preguntas que poden axudar na planificación dunha actividade interxeracional. Ademais, pódense atopar distintas experiencias inspiradoras. (https://cenie.eu/sites/default/files/Guia_para_la_intergeneracionalidad.pdf)
Hacia una sociedad intergeneracional: ¿Cómo impulsar programas para todas las edades? Centro de Conocimiento de Fundación EDE. Nesta ligazón podes atopar a versión sintetizada desta guía na que se ofrecen ferramentas para motivar o desenvolvemento de Programas Interxeracionais a través do que, quen, para que e como. (https://www.bizkaia.eus/home2/Archivos/DPTO3/Temas/Pdf/ProgramasIntergeneracionales/Anexos_cas.pdf?hash=ca886e1a1ad4f2c579655c8508e3f627&idioma=CA)
Programas Intergeneracionales. Guía Introductoria. Este documento abrangue en profundidade os fundamentos dos Programas Intexeracionais (PI). No Anexo 2 recolle unha guía para o deseño completo dun PI dende a planificación até a súa avaliación.
Guía de trabajo intergeneracional en primer ciclo de Educación Infantil. Este seminario da Cátedra Macrosad de Estudios Intergeneracionales supón unha guía de traballo interxeracional no primeiro ciclo de Educación Infantil que se pode conseguir aquí https://catedras.ugr.es/macrosad/informacion/documentos/guia-trabajo-intergeneracional e sobre o que podemos acceder a interesantes reflexións na súa presentación:
Redes de interese
A web de Generations Working Together, como centro que apoia o desenvolvemento da práctica interxeracional en Escocia, ten un apartado con recursos que poden ser de interese. (https://generationsworkingtogether.org/resources)
Esta web é o resultado do proxecto de investigación «A radio. Unha ferramenta óptima para o avellentamento activo e o fomento da interxeracionalidade. Estratexias de extensión na provincia da Coruña » desenvolto ao abeiro das Bolsas de Ciencias Sociais da Deputación da Coruña 2016/2017. Aquí está toda a información relativa a catro experiencias interxeracionais que tiveron lugar en contextos diferentes. https://radiointerxeracional.wordpress.com/
Audiovisuais
Cosas de la edad é unha experiencia televisiva de Movistar+ sobre a relación entre crianzas e persoas maiores. Nos seis capítulos aparecen recollidas as visitas, ao longo de seis semanas, de nenas e nenos de catro anos a unha residencia de maiores. Espazo onde comparten distintas actividades. https://www.movistarplus.es/cero/cosasdelaedad
La vida en palabras é un podcast, dispoñible en Podimo, pon en relación dúas xeracións a través da conversa sobre temas moi diversos entre Antonio (8 anos), Isabel (73 anos) e Elías (80 anos). Unha conversa espontánea que xira arredor do amor, o silencio, o medo ou a vergoña.(https://podimo.com/es/shows/la-vida-en-palabras)
Nesta charla TED a mestra mexicana, experta en tecnoloxía educativa, Ivett Celis reflexiona sobre a importancia de ter pontes entre xeracións. Un percorrido por distintas xeracións e as súas relacións coas tecnoloxías e a comunicación.
Algúns vídeos que recollen experiencias:
A Experiencia Conta é un breve documental que resume este programa interxeracional desenvolto en cinco contextos diferentes no que interveñen algunhas das persoas participantes e os coordinadores da actividade, Laboratorio de Radio e Arelar.
Nesta liña, tamén pode ser interesante ver o resumo da experiencia «Ondas Inter-xeracionais. Radio para tódalas idades» sobre un PI desenvolto no marco do programa Educa Culleredo deste municipio.
A Universidade de Granada, dentro do seu Proxecto de Innovación Docente impulsou un proxecto de relacións interxeracionais a través da mentorización do alumnado por parte de persoas maiores á hora de afrontar os seus traballos finais e a súa orientación cara ao emprendemento social. Neste documento audiovisual pode apreciarse o sentido desta iniciativa.
Descargar artigo
You can download this paper in the next formats:
