PanSenFron e a música como vehículo na cohesión comunitaria

Resumo

Pandeireteiras sen Fronteiros é un colectivo de música tradicional galega. Neste artigo abórdanse as liñas de acción principais coas que se identifican e por que entenden a música como ferramenta de cohesión comunitaria.

Pandeireteiras sen Fronteiros es un colectivo de música tradicional gallega. En este artículo se abordan las principales líneas de acción con las que se identifican y por qué entienden la música como una herramienta de cohesión comunitaria.

Pandeireteiras sen Fronteiros is a collective of Galician traditional music. In this article they talk about the main lines with which they identify and why they understand music as a tool for community cohesion.

Palabras Clave

Texto

Se facemos unha procura na rede, podemos atopar que cantar en grupo é unha actividade que axuda a superar medos, recoñecer capacidades, reducir o estrés, aumentar a autoconfianza, o benestar persoal e centos de beneficios máis. Poderiamos falar de investigacións e de artigos científicos ao respecto, pero a través deste texto pretendemos trasladar a nosa propia experiencia, o que sentimos e como o vivimos. 

O xerme de PandeireteirasSenFronteiros provén da necesidade que sentiron algunhas persoas por iniciarse no canto e no baile tradicional sen pretensións de ningún tipo. Desa liberdade provén a base desta comunidade, que se foi conformando á medida das necesidades que partían del e da propia colectividade que se ía creando. As viaxes, os encontros e as foliadas foron dando lugar a novas opcións, obxectivos e metas, tan cambiantes como o propio grupo. Comezan a xurdir as primeiras peticións de actuacións, e con elas un novo camiño a seguir. 

Pandeireteiras sen Fronteiros

Mesmo coas obrigas propias de preparar un repertorio e de responder ante un público,  seguimos mantendo un grupo aberto onde a participación non vén delimitada polas capacidades técnicas musicais. Este nivel non é, por así dicilo, a talla pola cal medirse, ou o marco da porta de acceso; senón que pretendemos acomodar ás as persoas para que todas elas poidan participar de forma activa e, sobre todo, desfrutar coa música e non só para a música. 

Este é, ao noso xeito de velo, o valor que tiña a nosa música antigamente. Un forte cohesionador da comunidade, un vehículo para achegar e unir ás as persoas. Valoramos, pois, que é preciso prestarlle atención á funcionalidade da música, activar os sentidos e tomar conciencia dunha mesma e da contorna que a envolve. 

Neste momento é interesante presentar unha inquedanza propia da música tradicional: que debemos salvagardar, a representación histórica, a permanencia ou a funcionalidade? É un debate que se nos presenta a miúdo debido á nosa proposta estética e musical. Que é realmente a música tradicional? Ou que é máis tradicional, unha foliada na que se tocan as pezas de fai hai cen anos mantendo aquilo que cremos verdadeiro, ou un encontro de veciños que tocan a Lambada cunha gaita, ou as marabillosas pandeireteiras de Gargamala tocando o “Resistirei” durante a pandemia? A música tradicional foi, ante todo, unha ferramenta social que se adaptou aos gustos e necesidades do momento. As modas, a emigración, os medos, as protestas ou os movementos sociais son tamén parte da nosa historia musical e, con ela, a nosa historia social.  

Cando a música realmente ten o funcionamento social que lle corresponde, adáptase ao que a comunidade precisa. Sobrevivindo só aquilo que a comunidade solicita e respondendo ás necesidades propias da mesma. Unha ferramenta de inclusión, cohesión e, por suposto, de lecer social. 

O grupo na India, nunha das súas primeiras viaxes

A música en comunidade tamén ten esa parte ritual, que une. A perda das tradicións e o feito de que estas non se adaptasen ás necesidades da sociedade actual, fannos cada vez máis individualistas e illadas. Crear novos contextos e novos ritos acompañados da música, tamén pode ser unha forma de retomar ese xeito de vida case perdido que é a comunidade. 

E nisto ten moito que ver o sistema educativo. Hoxe en día a música, así como outras disciplinas, parecen pretender a perfección técnica e lóxica deixando a funcionalidade para outro momento. Un bo amigo noso, noso comentounos unha vez que o sistema educativo esquecía ao público. Educamos futuros e futuras músicas dende a perfección técnica, servindo esta como propio filtro selector dos mesmos; pero non educamos ás as persoas para desfrutar da música, para sentila e para vivila sen necesidade de converternos en grandes intérpretes. Ata é interesante pensar se é posible un sen o outro. Non educamos ao público e por iso os teatros acaban baleiros. A escola debe partir da contorna e da proximidade que nos une e nos fai ter unha identidade. Partir das nosas diversidades, todas elas, e desfrutar aprendendo, porque a iso viñemos a este mundo. 

A nosa estética é tamén debatida, tratándose para nós dunha ferramenta imprescindible de cohesión neste grupo, un aceno de identidade que nos fai sentir partícipes. Esta estética vén dunha sinxela idea de adaptación do traxe tradicional (partindo de que este concepto como tal non existe senón que, dada a súa funcionalidade, o traxe daba resposta ás necesidades, modas e posibilidades de cada momento, cambiando polo tanto constantemente). Falemos por exemplo do traxe que empregaban as peixeiras da Coruña nos anos 20: se ese tipo de patrón de vestimenta se mantivese ata hoxe en día, tería pasado por moitas etapas,  estilos, gustos e modas; entón, como tería chegado a nós? A entrada das teas sintéticas, dos estampados, do calzado adaptado para poder camiñar todo o día sobre asfalto, e finamente do xeito propio de cada persoa para diferenciarse dentro dunha estética común, daría lugar (ou polo menos desde a nosa perspectiva) á vestimenta que empregamos en PanSenFron. A heteroxeneidade, dentro do estilo que temos, para que cada un e cada unha se identifique como precise é tamén un elemento fortalecedor. Empoderar ás as diversidades e personalidades de cada unha de nós, pero cun eixo que nos une. 

Concertos na rúa nas viaxes polo mundo (Bulgaria)

E a estética crea comunidade, e a comunidade hai que practicala. Detrás das decisións que levan ao o grupo por un ou outro derroteiro, por unha ou outra derrota, / por un ou outro camimo, non hai un simple voto. Cremos nos valores que non responden só a unha maioría, senón que partimos das concesións entre individuos, da identificación e da atención ás necesidades de cada unha. Se, por exemplo, tiveramos tivésemos / tivermos que elixir o sustento económico que posibilita as nosas viaxes, unha maioría tería decidido que cada unha aporte achegue o seu, podendo así elixir espazos de descanso mais máis “confortables”.  Isto deixaría a unha posible minoría lonxe das viaxes e da convivencia que nelas reside. Co tempo, cada decisión iría apartando a unha inmensa minoría, porque todas o somos nalgún momento. É necesario, polo tanto, un traballo de valores de comunidade para a comunidade. É para iso é imprescindible coñecer ás as persoas, as súas diversidades e necesidades, e asumir concesións. 

Colaborando co proxecto Levaino! do artista Xurxo Fernándes.

En definitiva, somos un grupo de pandeireteiras diverso, heteroxéneo en niveis, capacidades, gustos, personalidades, valores e un longo etcétera, pero convivimos dende o respecto, o cariño, a creación de espazos seguros onde poder liberarnos e sentirnos válidas e queridas. Unha conexión que nos fai desfrutar coa nosa música dentro e fóra do escenario. Somos un grupo que nace do esforzo, do traballo e das dinámicas que día tras día nos permiten aprender e practicar a comunidade. E, por suposto, desfrutar da vida e da nosa música.

Descargar artigo

You can download this paper in the next formats:

Banners

Compartir