O Apoio Condutual Positivo: “Entendendo a conduta como forma de comunicación”
Resumo
Neste artigo exponse un exemplo para axudar a comprender que as condutas das persoas con autismo son una forma de comunicación, así como para explicar a necesidade de facer unha completa avaliación desas condutas, das causas que as provocan e das situacións nas que se producen, para así poder ensinar ás persoas con autismo formas adaptadas de comportamento e de comunicar as súas necesidades.
En este artículo se expone un ejemplo para ayudar a comprender que las conductas de las personas con autismo son una forma de comunicación, así como para explicar la necesidad de hacer una completa evaluación de las conductas, las causas que las provocan y las situaciones en las que se producen, para poder así enseñar a las personas con autismo formas adaptadas de comportamiento y de comunicar sus necesidades.
This article presents an example to help understand that the behaviors of people with autism are a form of communication, as well as to explain the need to make a complete evaluation of the behaviors, the causes that cause them and the situations in which they occur. that occur, in order to teach people with autism adapted ways of behaving and communicating their needs.
Texto
María é una rapaza de 8 anos que segue unha modalidade de escolarización combinada entre un centro ordinario e un específico. A María diagnosticáronlle autismo aos 3 anos e, desde ese momento co apoio e a intervención recibida, a súa evolución foi boa (comezou a falar, cada vez comprende mellor as cousas, é máis autónoma…) aínda que segue precisando apoios en determinados momentos, como que alguén lle explique algunhas cousas ou lle axude a realizar determinadas actividades.
Os profesionais que traballan con María no centro ordinario, empezaron a ver que algúns días María, a media mañá e durante un anaco, poñíase moi nerviosa na aula, comezaba a berrar e non conseguían saber cal era a causa nin como reducir eses momentos de nerviosismo que alteraban tamén aos compañeiros. Despois dun anaco deixaba de facelo e continuaba coa súa actividade coma se non pasase nada. Probaron diferentes técnicas cando se alteraba, como dicirlle que tiña que permanecer en silencio, cambiar de actividade, ensinarlle na axenda a tarefa a realizar… pero ningunha parecía funcionar. Dende o centro tiñan claro que a María lle pasaba algo e que quería comunicar algunha cousa que a molestaba, pero non eran capaces de saber cal era a causa e, ao preguntarlle a María, tampouco era capaz de explicar o que pasaba.
Para intentar axudar a María, preguntaron no centro específico ao que acudía, se alí presentaba esa mesma conduta, pero no outro centro non sucedía iso.
Para poder axudar a María e saber que era o que lle causaba malestar, entre a familia e todos os profesionais que traballan con ela, decidiron utilizar o Apoio Condutual Positivo (ACP a partir deste momento) para afrontar este problema, xa que todos tiñan claro que calquera conduta é un medio para comunicar algo, e sabían que María quería comunicarlles algo que eles non comprendían.

O ACP ten en conta o que sucede na contorna e pode afectar á conduta. Co ACP búscase reducir os comportamentos non adaptados que se producen debido a factores ambientais ou déficits en habilidades, co fin de mellorar a calidade de vida da persoa.O ACP busca, mediante a proactividade, evitar que os problemas de conduta se produzan e dotar a persoa de estratexias alternativas máis adaptadas para acadar o que necesita.
Outras técnicas para traballar comportamentos reforzan as condutas adaptadas e castigan as desaxustadas, pero para as persoas con autismo é preciso ensinar de forma específica unha conduta que lles axude a superar as dificultades de expresión de necesidades e emocións, así como actuar sobre o contexto, que en numerosas ocasións provoca ese tipo de reaccións desaxustadas.
O ACP ten as seguintes características:
- É de carácter preventivo: adiántase ao problema para que non se produza (ou para que teña unha incidencia menor)
- Adáptase ao contorno
- Ensina habilidades sociais
- Céntrase na análise da conduta e en coñecer as necesidades específicas de cada caso. A mesma situación, escenario ou contexto poden afectar de xeito moi diferente a cada persoa, por iso sempre debe ser individualizado
- Fomenta a comunicación
No caso que presentamos ao principio do artigo, o que se fixo entre todas as persoas que forman o apoio de María, foi establecer unha análise funcional da conduta, ver que era o que ocorría antes dese comportamento (antecedentes), durante a conduta e tamén o que pasaba despois (consecuentes).
Tanto os antecedentes como os consecuentes sabemos que inflúen na conduta, polo tanto debemos estar moi atentos tanto ao que fai a persoa, como ao que sucede antes e despois dela. Moitas veces os reforzos negativos tamén inflúen en que a conduta se repita (se a María cando berra a retiran da actividade que non lle gusta, o que vai a aprender é que para non facer esa actividade ten que berrar).
O mellor momento para traballar problemas de conduta é cando non se están producindo. Cando estamos nerviosos ou enfadados (pensade en vós mesmos), non é o momento no que queremos que nos expliquen as cousas ou no que nos digan como deberiamos actuar.
Para ver como se pode axudar a María, realizouse unha análise da situación e percibiuse que o que lle molestaba a María era un reflexo que o sol facía entre as 11 e as 11.30 na parede e que lle reflectía directamente na cara. Como ela non sabía explicar o que lle estaba pasando, atopou nos berros un sistema de comunicación.
Con este exemplo podemos observar a importancia de detectar a causa dos comportamentos e ver que habilidades hai que ensinar para evitar que esa conduta se repita. No caso que estamos relatando, ensinamos a María a dicir “me molesta”, ademais de cambiala de sitio para evitar que o reflexo do sol a moleste.

Descargar artigo
You can download this paper in the next formats:


