Mulleres imprescindibles

Texto

Recensión de VVAA (2022). Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX. Pontevedra: Kalandraka (Introduc. e coord. de Antón Costa e Manuela Rodríguez).

Mujeres imprescindibles

O último título publicado da imprescindíbel Biblioteca de Pedagoxía -colección que trae á lingua galega textos clásicos e obras inéditas do pensamento e da práctica pedagóxica coordinada polo profesor Antón Costa e editada por Kalandraka-, pon en valor o legado de nove mulleres educadoras con relevante impronta na nosa historia educativa contemporánea. Rosa Sensat, María Barbeito, María de Maeztu, María Luísa Navarro, María Sánchez Arbós, Justa Freire, Elbira Zipritia, Marta Mata e Carme Miquel, constitúen referentes educativos que fían un tecido a través do que se pode comprender a paisaxe temporal, cultural e lingüística que nos configura colectivamente.

Estes nomes imprescindíbeis, preservando as súas singularidades, únense nesta biografía coral harmonicamente conectados no que respecta ás inquedanzas formativas e contacto coa Escola Nova, no compromiso coa educación e cos valores que conducen ao progreso da humanidade, nas preocupacións educadoras imbuídas de optimismo pedagóxico, na súa orientación social reformadora, no seu exercicio docente democrático e reflexivo, na súa consciencia da importancia da formación do profesorado e, en definitiva, no seu quefacer pedagóxico, ao resultaren mestras republicanas que fan “do espazo no que interveñen como educadoras lugares de vida, onde poder conectar o naturalismo pedagóxico propio da utopía da Escola Nova co vitalismo filosófico, co convencemento de que ‘unha escola non termina de se facer nunca’, como afirmaba María Sánchez Arbós”, camiñando cara ao horizonte dunha sociedade máis libre, xusta, solidaria e acolledora para todas as persoas.

Descargar artigo

You can download this paper in the next formats:

Banners

Compartir