Materiais didácticos para alumnado con TEA

Resumo

Unha axeitada selección de materiais didácticos adecuados ás necesidades educativas do alumnado con TEA é clave para mellorar a súa atención educativa. Neste artigo cítanse e descríbense algúns dos materiais que facilitarían, xunto con estratexias pedagóxicas precisas, unha mellora da atención e da inclusión educativa do alumnado con TEA.

Una apropiada selección de materiales didácticas adecuados a las necesidades educativas del alumnado con TEA es clave para mejorar su atención educativa. En este artículo se citan y describen algunos de los materiales que facilitarían , junto con estrategias pedagógicas precisas, una mejoría de la atención e inclusión educativa del alumnado con TEA.

It is essential to select appropriate teaching materials which suit ASD students’ educational needs in order to improve their educational attention. This article quotes and describes some of those materials which would help improve ASD students’ educational inclusion and attention, with the appropriate pedagogical strategies.

Texto

Unha axeitada selección de materiais didácticos adecuados ás necesidades educativas do alumnado con TEA é clave para mellorar a súa atención educativa. Resulta imposible abarcar todo o abano de materiais existentes pero móstranse a continuación algúns que poden resultar útiles.

Pictogramas

Debuxos ou signos que expresan conceptos.

Moitas persoas con autismo son pensadores visuais. Como tales o uso de fotografías e/ou pictogramas (en función do neno/a ou momento) facilítalles o acceso á información. A súa introdución debe ser paulatina. Recursos como pictotraductor, arasaacouwikipicto son grandes facilitadores de pictogramas/fotografías.

(Imaxe 1)

Materiais impresos e manipulativos:

Axendas visuais: axendas que utilizan soportes visuais que teñen un dobre propósito, favorecer a evocación de antigas tarefas e facilitar a anticipación de futuras actuacións.

Taboleiros de anticipación

Taboleiros de anticipación: a anticipación implica seguridade. Os taboleiros de anticipación axudan a preparar unha persoa para unha actividade anticipando mediante imaxes, pictogramas ou texto a secuencia de actividades a seguir.

Materiais manipulativos

Material TEACCH: O método TEACCH é un programa de ensinanza estruturada especialmente ideado para o alumnado con TEA que utiliza materiais visuais e manipulables.

Historias sociais: guión social que permite coñecer unha determinada situación complexa preparándoa para unha actuación en consecuencia.

Outros materiais e estratexias visuais: mapas mentais, mapas conceptuais, infografías, esquemas, unidades didácticas adaptadas, contos adaptados…

Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación (SAAC)

Taboleiros de comunicación: produto de apoio básico cunha serie limitada de símbolos gráficos para a comunicación que a persoa sinalará para comunicarse.

Sistema basado no intercambio de imaxes:permiten a comunicación a través do intercambio de imaxes. Son os sistemas como Bliss, PECS ou SPC.

Comunicadores dixitais: ferramentas tecnolóxicas que utilizan un soporte reducido (tablet e incluso móbil) que transforman as imaxes/pictogramas seleccionados en voz.

Recursos web de interese:

Soy visual: Especialmente pensada para as persoas con dificultades de comunicación e linguaxe, esta páxina, que ademais conta coa súa propia aplicación, promove a aparición e desenvolvemento da linguaxe a través do uso de representacións gráficas.

Pictoaplicaciones: as 8 aplicacións que podemos atopar neste recuncho, son perfectas tanto para traballar como para preparar materiais para alumnado con trastornos na comunicación.

Aula abierta de Arasaac: Dentro do apartado “materiais” pódense atopar: taboleiros de comunicación, de anticipación, axendas visuais, historias sociais, materiais TEACHH, contos adaptados etc. Pode servir para ver modelos co fin de fabricar os nosos propios materiais.

Arasaac: Páxina con gran variedade e cantidade de materiais. Máis importante quizais son os enormes catálogos de pictogramas e fotografías que facilita.

Appyautism: Buscador que permite localizar aplicacións en función dunha serie de criterios. Atopada a aplicación que nos interese, o buscador ofrece información da mesma e en ocasións imaxes, un vídeo titorial e un enlace externo a través do cal podemos descargar a aplicación. O buscador non permite realizar a descarga

Blogues varios: aulautista, atendiendonecesidades, elsonidodelahierbaalcrecer, mamadeteo…

Robótica

O robots sociais poden ser utilizados para axudar aos nenos e nenas con TEA a comunicarse, interactuar, recoñecer emocións e desenvolver a súa competencia social (Ueyama, 2015). Sen embargo, os resultados deben ser tomados con cautela debido a case ausencia de investigacións. Pese a iso apareceron xa un bo número de robots sociais que están a ser utilizados, Pleo, Nao, Nekaou Luka entre outros.

Realidade Aumentada

A nivel educativo a Realidade Aumentada (RA) pode xerar nos usuarios unha maior motivación para pensar, interactuar e desenvolverse, así como unha maior facilidade no adestramento das habilidades cognitivas que se pretenden mellorar ou recuperar (Veros Álvarez, 2015). Un exemplo pode ser PictogramRoom, un proxecto que involucra unha habitación de Realidade Aumentada para ensinar a comprender os pictogramas que permiten a comunicación a persoas con TEA.

É importante recordar, a modo de conclusión, que máis importante que os propios materiais, as estratexias pedagóxicas ligadas ao seu uso son as que nos permitirán un aproveitamento que incidan na mellora da atención e na inclusión educativa do noso alumnado. Un exemplo: nun aula onde cada neno/a tráballa co seu libro e libreta, as posibilidades de interacción son mínimas. Traballar a comunicación cun neno/a con TEA (independentemente do nivel) implica intervir nos momentos de socialización. Crear eses momentos na dinámica xeral da clase será o que nos permita sacar o máximo proveito aos materiais que utilicemos.

Referencias bibliográficas

Descargar artigo

You can download this paper in the next formats:

Banners

Compartir