Lo que la diversidad esconde: Experiencias con tecnoloxía al servicio de la inclusión
Texto
Recensión de Caamaño, T., Castro, M.M., Rodríguez, J. e Marín, D. (2022). Lo que la diversidad esconde: Experiencias con tecnología al servicio de la inclusión. Tab Edizioni.
Lo que la diversidad esconde: Experiencias con tecnología al servicio de la inclusión, obra coordinada por Tania Caamaño, Jesús Rodríguez, Mª Montserrat Castro e Diana Marín, é un libro que recolle experiencias educativas de inclusión educativa e que procura dar voz á diversidade en primeira persoa.

Trátase dunha obra que, polas súas características e redacción, vai dirixido a diferentes públicos e que recolle un conxunto de traballos vividos “na propia pel” sobre a diversidade e todo o que esta esconde, narrado dende a perspectiva de persoas con diversidade e tamén do medio que as rodea, o contexto educativo ou familiar. Todo isto co fin principal de promover un cambio de mirada cara á aceptación da riqueza que existe na diversidade e, en paralelo, favorecer a súa inclusión.
Conta cun total de 200 páxinas divididas nun prólogo, e 11 capítulos recollidos en dous bloques. O primeiro bloque, de 5 capítulos, presenta experiencias vividas en primeira persoa sobre a diversidade co obxectivo principal de mostrar aquilo que pasa desapercibido e que é preciso coñecer. O segundo consta de 6 capítulos sobre experiencias coa diversidade en diferentes contextos, empregando a tecnoloxía en todos eles.
O porqué do libro, amosar que é a diversidade e o que supón vivir con ela dende una visión positiva de valoración das diferenzas individuais e de superación das limitacións máis impostas pola sociedade que por un diagnóstico, cobran especial sentido co prólogo elaborado pola pedagoga Mº Lina Iglesias Forneiro en colaboración coa súa filla Adiatarou Iglesias Forneiro, atleta paralímpica medallista en Tokio 2022, ademais de persoa con diversidade.
Esta experiencia, xunto coa do resto de autorías, pretende rematar co que definen como “medo á diferenza” amosando todo o que a diversidade pode ensinarnos e entendendo que as diferenzas persoais “achegan un valor engadido” que é necesario considerar e traballar cara á visibilización, aprendizaxe e inclusión da diversidade para coa diversidade. Nesta liña, amósase o papel fundamental que xogan as novas tecnoloxías como axentes mediadores e facilitadores de oportunidades para o traballo no día a día de persoas con diversidade e que, polo tanto, atenden ao principio de inclusión. É por iso que o seu estudo e aplicación debe atenderse como materia imprescindible para docentes, familias e calquera axente educativo co fin de garantir a accesibilidade de todas as persoas ao coñecemento e facilitar accións da súa vida cotiá. Levar unha enfermidade ou condición ás nosas costas, “na mochila”, xa supón para quen o vive no seu medio próximo, unha dificultade persoal cun exercicio de superación constante, e baixo ningún concepto debería engadírselle, por parte da sociedade, a tarefa de adaptarse a un medio que funciona en base a estándares que distan moito da realidade.
Descargar artigo
You can download this paper in the next formats:


