Lecer inclusivo no recreo. Programa patios y parques dinámincos®
Resumo
Patios e Parques Dinámicos é un programa de Inclusión Social a través do xogo en contextos de lecer que se basea en tres premisas que teñen que darse xuntas: presenza de todo o alumnado, participación libre con acompañamento ou non por parte do equipo de mediadores do xogo, en función das necesidades de apoio do alumnado, e disfrute a través de actividades lúdicas, creativas e sensoriais motivadoras.
Patios y Parques Dinámicos es un programa de Inclusión Social a través del juego en contextos de ocio que se basa en tres premisas que tienen que darse juntas: presenza de todo el alumnado, participación libre con acompañamiento o no por parte del equipo de mediadores de juego, en función de las necesidades de apoyo del alumnado, y disfrute a través de actividades lúdicas, creativas y sensoriales motivadoras.
Patios y Parques Dinámicos is a programme of Social Inclusion through play in leisure contexts. It is based on three premises that must occur together: presence of all students, free participation with or without accompaniment by the team of play mediators depending on the students’ support needs, and enjoyment through playful, creative and sensory motivating activities.
Texto
Patios e Parques Dinámicos (Lagar G., 2015) é un programa de Inclusión Social a través do xogo en contextos de lecer. Patios Dinámicos desenvólvese no tempo de lecer escolar propiciando que ningunha persoa quede sen disfrutalo. Parques Dinámicos fomenta o xogo inclusivo en espazos públicos e familiares. Nesta ocasión centraremos a atención nos Patios Dinámicos e o seu desenvolvemento en centros educativos de todas as etapas e modalidades educativas.
O patio é un espazo arquitectónico que acolle, cada xornada lectiva, un tempo de lecer. O recreo simboliza liberdade de acción, libre decisión de xogo, encontros e desencontros que marcan aprendizaxe persoal e social. As aprendizaxes adquiridas neste foro social acompañarán as persoas no seu proceso de vida. É espazo e tempo que acolle ou limita e incluso exclúe. É por iso polo que analizar o recreo proporcionará chaves para implementar e desenvolver o Patio Dinámico.
Patios e Parques Dinámicos baséase en tres premisas que teñen que darse xuntas: presenza de todo o alumnado, participación libre con acompañamento ou non por parte do equipo de mediadores de xogo en función das necesidades de apoio do alumnado e disfrute a través de actividades lúdicas, creativas e sensoriais motivadoras.

Este programa ten a súa orixe en Oviedo (Asturias) en 2011, implementándose en todas as comunidades autónomas e tamén fóra de España. Foi presentado en congresos internacionais en Francia, Grecia, México, Portugal, Costa Rica e Perú e artigos científicos sobre as súas accións publicáronse en revistas relacionadas. É moi frecuente que alumnado de graos e másters o seleccionen para realizar o seu TFG ou TFM. Nestes momentos o programa está participando en proxectos de carácter internacional: no Teacher Training Programme-PINC liderado pola Universidade de Murcia (España) coa participación de AP University College of Applied Sciences and Arts Antwerp (Bélxica), Universidade Palacký de Olomouc (República Checa), Fundación ONCE (España), Università degli Studi di Palermo – UNIPA (Italia), Universidad de Tesalia (Grecia) e CESIE (Italia). E “Espazos“ non formais participativos para a aprendizaxe escolar inclusiva Inc-Leisure” liderada pola Asociación Amicos (Galicia. España) e a participación da Asociación Babilon (Alacante, España), Associação Grão Vasco (Viseu, Portugal), OURC Dr. Zlatan Sremec (Skopje, North Macedonia).
Cando un centro educativo quere que o seu recreo se transforme nun Patio Dinámico, debe pasar por un proceso formativo, xestionado xeralmente polos Centros de Formación e Recursos do Profesorado, impartido polo equipo de formadores/as acreditados. En Galicia o equipo conta con seis persoas acreditadas coas que se pode contar a través do correo do programa. Na formación abórdanse as barreiras que presenta o patio do centro dende o Deseño Universal (DU) e danse as ferramentas para crear ou afianzar a cadea de accesibilidade, danse pautas sobre espazos de socialización e xogo, explícanse diferentes opcións de organización do equipo de mediadores de xogo, analízanse as necesidades de apoio do alumnado diana (alumnado que non participa no recreo e que precisa, de forma puntual ou mantida, apoio no xogo) e danse pautas para seleccionar xogos e actividades creativo-sensoriais de interese para o seu alumnado. Todo se plasma no proceso de implementación en cinco pasos: organización do equipo de mediación, observación, rexistro e toma de decisións utilizando o Modelo de Análise de Recreos por Estratos (MARE) ( Fernández-Lagar, R.A. 2021), organización da temporalidade, acción de xogo e avaliación.

Entre os materiais do programa é de mencionar o libro Patios y Parques Dinámicos, edit. TRABE, 2015 (con xogos pictografiados), a Guía de Juego Seguro (libre descarga) e o libro Buenas Prácticas Inclusivas en Recreos y Deporte en Edad Escolar, publicado pola editorial EDITUM da Universidade de Murcia como froito do traballo de 19 expertos que participaron como conferenciantes no “1º Congreso Internacional de Buenas Prácticas Inclusivas en Recreos y Deporte en Edad Escolar” (abril 2021), baixo a coordinación de Olga Rodríguez e Gey Lagar (de libre acceso dende datas próximas).
En Galicia existen numerosos centros educativos con Patios Dinámicos. Cómpre mencionar tres exemplos de Boas Prácticas levadas a cabo en dúas modalidades de implementación distintas e complementarias tamén. O CEIP Plurilingüe As Solanas- Nicolás Gutiérrez Campo da Guarda (Pontevedra), que comezará o seu 7º curso dinámico implementando o programa, o CEE Nosa Señora do Rosario (A Coruña) que comparte espazo de patio co CEIP María Pita e dinamiza os patios do alumnado de ambos centros, e a Asociación Amicos (Boiro), cuxo equipo Badaboom está formado no programa e leva a cabo o programa Patios Dinámicos como persoal externo en centros educativos.
Para máis información, formación e compartir a experiencia dun centro educativo para pertencer á rede de Patios Dinámicos, contactar a través de patiosyparquesdinamicos@gmail.com.
Referencias bibliográficas
- Fernández-Lagar, R.A (2015). Patios y parques dinámicos. Trabe.
Descargar artigo
You can download this paper in the next formats:


