A titoría educativa: necesaria e actual

Texto

titoría supón un factor de calidade no ensino obrigatorio, considerándose como unha estratexia que pretende actuar como guía e axuda ao alumnado, preferentemente, pero tamén ás familias e ao profesorado. É unha función que debe desenvolver calquera docente, con independencia de se é designado como titor ou titora dun grupo de alumnos e alumnas.

Máis alá das tarefas de carácter administrativo ou de control que teñen que exercer os e as titoras nas
distintas etapas educativas, desexamos neste monográfico da RGE centrarnos no carácter formativo da actividade titorial, para o cal se precisa da súa planificación e da implicación de toda a comunidade educativa, como dan conta as experiencias que se presentan.

Con este monográfico preténdese mostrar unha escolla de propostas da actividade titorial que se está a realizar en educación infantil, primaria e secundaria en distintos centros educativos galegos, das numerosas que se poderían elixir; ademais de coñecer algunhas das dinámicas e metodoloxías que sustentan a programación titorial.

A revisión da situación actual da titoría feita por Miguel A. Nogueira constata o seu importante papel para o bo funcionamento dos centros educativos, en particular, e do ensino, en xeral. E, aínda que tamén se sinalan dificultades para a súa posta en práctica como a falta de formación específica ou a complexidade das tarefas, grazas ás iniciativas de carácter individual desenvolvidas, en moitas ocasións, de forma voluntaria polo profesorado, xorden experiencias educativas enriquecedoras para o alumnado e para a comunidade como as que compoñen este no 71 da RGE dedicado á titoría educativa.

Rufino Cano reflexiona sobre o compromiso do labor titorial coa educación integral do alumnado e presenta un grupo de técnicas grupais relevantes para a acción titorial, que facilitan o coñecemento dos alumnos e das alumnas dende a dobre dimensión, individual e grupal e, deseguido, recóllense colaboracións sobre o traballo no que participa toda a comunidade educativa dun CEIP centrado na educación en valores, a convivencia e a inclusión; a colaboración das familias a través das titorías na realización dun proxecto de investigación en educación infantil; a integración das tecnoloxías da comunicación e información na posta en marcha das accións titoriais; a axuda entre iguais como acompañamento para a cidadanía dixital e na xestión dos conflitos derivados do emprego das tecnoloxías por parte do alumnado; e a perspectiva institucional da titoría na Comunidad de Castilla y León. Asinan estas achegas Ma Amparo López; Beatriz Teixeira; José A. Sarmiento, Margarita Vázquez e Portal Chao; Javier García e María del Pilar Rodríguez; e Mónica Casado.

Descargar artigo

You can download this paper in the next formats:

Banners

Compartir