20 anos de xogos interxeracionais en Ourense

Resumo

Durante o curso 2003-04, as estudantes de Educación Social de Ourense e Aulas da Terceira Idade (ATEGAL) conseguen construír unha proposta educativa e lúdica que, 20 anos máis tarde, segue a ser a actividade aberta máis importante e máis lonxeva do Campus de Ourense. Xogos, música, proxeccións, concertos ou bailes fixeron deste camiño un día inesquecible, un día de EDUCACIÓN SOCIAL.

Durante el curso 2003-04, el estudiantado de Educación Social de Ourense y Aulas de Tercera Edad (ATEGAL) consiguieron construir una propuesta educativa y lúdica que, 20 años después, sigue siendo la actividad abierta más importante y longeva en el Campus de Ourense. Juegos, música, proyecciones, conciertos o danzas hicieron de este recorrido una jornada inolvidable, una jornada de EDUCACIÓN SOCIAL.

During the 2003-04 academic year, the students of Social Education of Ourense and Classrooms of the Third Age (ATEGAL) managed to build an educational and recreational proposal that, 20 years later, continues to be the most important and longest-running open activity on the Campus de Ourense. Game, music, projections, concerts or dances made this journey an unforgettable day, a day of SOCIAL EDUCATION.

Texto

No curso 2003-04, a educación social e o seu alumnado de Ourense loitaba por dar a coñecer a súa profesión a toda a sociedade. Esta “loita” pacífica, culminouse nunha proposta nacida nas oficinas de Aixiña, tras o encontro informal entre a coordinadora de Aulas e un estudante de 1º, que daquela exercía como traballador social.

Unha actividade que dende o comezo pretendía atoparnos e coñecernos, pero de xeito divertido, non caendo nas clásicas charlas ou conferencias que si, teñen a persoas de diferentes idades escoitando, mais non de xeito activo. E como podemos facer atractiva esta proposta? Pois non hai que pensar moito, xa que dá igual a idade, todas queremos e agradecemos XOGAR.

Xorden, deste xeito, as “Xornada Interxeracionais” con varios obxectivos consensuados entre ambas partes:

  • Facilitar a interacción entre diversas xeracións.
  • Promover a aprendizaxe cooperativa.
  • Incluír a Universidade na vida social da cidade de Ourense.

Foron varios meses de traballo -en horas fóra da aula- para realizar unha actividade da que careciamos de información previa. Incluso existiron momentos de certa incerteza sobre o posible éxito ou non desta actividade que estaba emerxendo.

Debido ao compromiso das educadoras e educadores sociais e a boa acollida de ATEGAL, o día 29 de abril mediante unha primeira reunión na Praza Maior fixemos dúas importantes tarefas: coñecernos e xogar. A proposta concreta, que repite fórmula (con variantes e actualizacións) ano tras ano, é a seguinte:

O punto de encontro é na Praza Maior, para a lectura do Manifesto Interxeracional e para facer grupos de participantes. Unha vez feito, vaise ao Xardín do Posío, onde as estudantes ensinarán xogos actuais ás persoas maiores. Este é un punto clave: buscamos o intercambio de experiencias vitais.

Pola tarde, realizamos un xantar no Campus, e as persoas maiores son as que mostran os seus xogos ás máis novas.

Durante todos estes anos, tivemos actuacións, charlas e multitude de propostas paralelas, para acompañar este día e facelo moito máis lúdico: Lamatumbá, o Celso, os regueifeiros, Xerock, Cándido Pazó, El Patio…. Ninguén pensaba que, despois de varios cursos, podíamos estar falando de 20 anos de xogos e tantas e tantas xeracións de estudantes.

É imprescindible destacar que esta actividade se fai de xeito gratuíto (sen ningunha subvención), en horas fóra de clase do alumnado, e que cada dous anos os cursos rematan, polo que se ten que reciclar e nacer de novo para que se manteña.

Tamén, salvo algún curso no que aparece por fin nun programa dunha materia como aprendizaxe-servizo (algo que tería que ser obvio en Educación Social), implícanse persoas vencelladas á educación social e alumnas que están en cursos superiores, tratando de compaxinar horarios de aula que non permiten ausencias para traballaren na organización. É espectacular o compromiso de tantas e tantas persoas. Fai querer á profesión moito máis cando hai implicación e bo quefacer.

Descargar artigo

You can download this paper in the next formats:

Banners

Compartir