Normas de publicación

A Revista Galega de Educación (RGE) ten as súas páxinas abertas a todas aquelas persoas que desexen publicar as súas colaboracións, que deberán axustarse, obrigadamente, ás normas seguintes:

1. Características das colaboracións

Deben ser orixinais e inéditas. As achegas poderán estar dirixidas ás seguintes seccións da RGE e deberán axustarse á extensión sinalada (sempre con espazado incluído).

  • O tema: 57.000 caracteres aprox.
  • Entrevista: 9.000 caracteres
  • Reportaxe: 10.000 caracteres
  • Estado da lingua: 9.000 caracteres
  • Educación social e escola: 9.000 caracteres
  • Pensar o ensino: 7.000 caracteres
  • Novas tecnoloxías: 9.000 caracteres
  • Educación no rural: 9.000 caracteres
  • Experiencias educativo-didá cticas / recursos e propostas: 9.000 caracteres
  • Outras escolas: 6.500 caracteres
  • Recursos do contorno: 6.500 caracteres
  • Estudos e investigacións: 8.000 caracteres
  • Pais e nais: 6.500 caracteres
  • Xoguetainas e Brinquetainas: 3.000 caracteres
  • Panoraula: 9.000 caracteres
  • Panoraula dixital: 5.000 caracteres
  • Recensión curtas: 1.000 caracteres
  • Recensións longas: 2.400 caracteres
  • Outras lecturas e recensións: 3.000 caracteres

2. Criterios formais

Os artigos que non cumpran os criterios formais de edición poderán ser rexeitados ou, no seu caso, devoltos á/ao autor/a de contacto para seren corrixidos.

3. Texto

Todas as achegas deberán ser redactadas na fonte de letra Times New Roman, tamaño 12, con entreliñado simple, aliñamento xustificado, e remitidas, en soporte informático físico (CD, DVD, lapis electrónico…) ou por correo electrónico (con adecuada identificación do arquivo electrónico) ao enderezo rge.redaccion@neg.gal. O programa e a versión do procesador de textos empregado será preferibelmente o LibreOffice ou o Microsoft Word.

4. Identificación de autoría

Xunto con outros datos que debe incluír o artigo, esta información recollerase no modelo de Ficha de entrega dun artigo para a RGE que se pode descargar aquí.

5. Referencias

Nas referencias e citas bibliográficas procederase de acordo coas normas da APA.

6. Notas ao texto

As explicacións correspondentes ás notas, numeradas no texto correlativamente, indicaranse con sobreíndices, e deben incluírse ao remate do traballo baixo o epígrafe de Notas. Deseguida das notas pode facerse unha lista bibliográfica limitada e ordenada alfabeticamente, seguindo os criterios anteriores.

7. Redacción

Cada autor/a faise responsable do contido do seu traballo como corresponde aos dereitos de autoría. Evitarase no posible o uso de abreviaturas e do etcétera marxinal. Cando dentro do corpo do artigo se citen frases textuais, estas irán en cursiva do seguinte xeito:

  • Se a frase textual ocupa menos de tres liñas, reproducirase de corrido no texto, entre comiñas.
  • De ocupar maior extensión, escribirase a parte, precedida de dous puntos e sangrada na marxe esquerda, podendo empregar un tamaño de letra c/10.

8. Ilustracións, táboas, cadros, gráficos

As colaboracións de texto poderanse acompañar de ilustracións (fotografías, imaxes, gráficos, cadros…) que se consideren necesarias, en arquivos complementarios e indicados con orde, sinalándose claramente no texto, mediante anotación entre parénteses, o lugar onde deben reproducirse:

(INSERIR IMAXE (ilustración, cadro, ou gráfico no...)...: “aula_natureza.jpg”)

Cómpre, dado o caso, que todas as colaboracións achegadas estean acompañadas de material gráfico ilustrativo do artigo. Pode ser oportuno, sobre todo nos casos de táboas, cadros e gráficos, a inclusión dun texto esquemático de título, e/ou dun pé.

Enviaranse as fotografías ou outras imaxes e gráficos en formato dixital cunha resolución mínima de 300 ppp (puntos por polgada), en formato JPG, TIF, PNG ou PDF. Ademais, estas sempre deben ser enviadas como documento autónomo, fóra do documento de texto.

9. Publicación de experiencias

No caso de dar conta dunha proposta ou experiencia pedagóxica pódese empregar o seguinte esquema referencial (coas adaptacións precisas):

  • Contexto do centro e da experiencia.
  • Nivel educativo.
  • Obxectivos da experiencia.
  • Formulación e desenvolvemento concreto.
  • Comentarios sobre o seu desenvolvemento.
  • Avaliación por parte do alumnado e do profesorado, e reflexión sobre o realizado.
  • Perspectivas abertas a partir da experiencia realizada.
  • Referencias bibliográficas.

10. Achegas ao monográfico

Especialmente no caso das achegas que formen parte dun monográfico da RGE, deberán ir acompañadas por un resumo de 5 liñas en galego, inglés e español. É recomendábel a incorporación de 5 palabras chave, que na medida do posible serán extraídas do Tesauro Europeo de Educacion ou do Tesauro de ERIC (Education Resources Information Center).

11. Panoraula

Agradecemos o envío de información e documentos para esta sección.

12. Lingua de publicación

Os traballos deberán estar escritos en lingua galega. A Redacción resérvase o dereito de elixir os títulos e subtítulos que considere mais oportunos para a publicación da colaboración, como tamén o de facer pequenas correccións para manter o estilo da RGE. Acéptanse tamén orixinais en catalán, portugués, castelán, francés e inglés. Os artigos en castelán, francés e inglés serán publicados en galego.

13. Envío de exemplares

Por cada colaboración, o autor/a recibirá un exemplar do número da RGE onde apareza o seu traballo.

14. Comunicación coa autoría

A RGE comunicará a cada un/ha dos/as autores/as a recepción do seu traballo e, no seu momento, a súa aceptación, ou non, para a publicación. No caso de devolución dun artigo aos seus autores/as para a súa corrección, dispoñerase de 15 días para o seu reenvío á Redacción.

15. Valoración dos artigos

Os artigos enviados á Revista Galega de Educación serán valorados por dous revisores externos (membros do Comité Científico e outros) de forma confidencial e anónima, segundo o sistema usual de revisión por pares, quen emitiran un breve informe (mediante un protocolo de avaliación xeral) sobre a conveniencia ou non da publicación, que será tomado en consideración polo Consello de Redacción. En caso de discrepancia dos informantes, poderase solicitar a revisión dun terceiro avaliador. No caso da sección de “Experiencias” será o Consello de Redacción quen valore a posibilidade e interese da súa publicación. En calquera caso, o Consello de Redacción resérvase a posibilidade de decidir finalmente a posibilidade ou non da publicación dos artigos non solicitados, en atención á programación, capacidade e liña editorial xeral.

16. Devolucións

Os artigos orixinais enviados á Redacción non serán devoltos.

17. Envío de Artigos

Os/as autores/as farán os seus envíos a:

Revista Galega de Educación
Nova Escola Galega
r/ Luís Freire, 5 baixo.
15706, Santiago de Compostela (A Coruña)

Ou ben en soporte electrónico ao enderezo rge.redaccion@neg.gal