Regala a RGE polo Nadal

Desexas facer un agasallo único e orixinal ? Queres regalar algo que non sexa superficial e teña impronta en quen o reciba? Cres que é o momento dese autoagasallo que tanto mereces?

Por tan só 34€ podes regalar unha subscrición anual á única revista de educación en lingua galega que se imprime en papel e que, a persoa a quen agasalles, poderá recibir no seu domicilio ao longo do ano 2023.

Non o dubides: a Revista Galega de Educación, o mellor agasallo!

Para realizar o agasallo, enche o formulario de subscrición que podes atopar en rge.gal/subscribete cos datos da persoa á que vas agasallar. A continuación envía un correo ao enderezo neg@neg.gal indicando que a subscrición que acabas de facer é un agasallo. No caso de non saber algún dos datos desa persoa, podes poñerte en contacto con nós no correo anterior. Xunto cun correo de confirmación, enviarémosche una tarxeta en formato PDF que poderás imprimir para entregarlle á persoa agasallada.

Boas festas!