A Revista Galega de Educación é unha publicación pedagóxica cuadrimestral, en lingua galega, dirixida ao profesorado, aos educadores/as e técnicos/as da educación en Galicia e a todas as persoas interesadas na educación.
Os máis de 75 números editados dende 1986 constitúen o depósito dunha completa hemeroteca pensada para informar sobre a problemática educativa en Galicia; contribuír á formación cultural e pedagóxica dos seus lectores; crear un campo de reflexión e debate sobre a educación; gañar lectores de pedagoxía en galego; mostrar as múltiples expresións e realidades dunha escola e dunha educación de trazos anovadores.


Compra
A revista véndese por un prezo de 14€ cada exemplar e pode adquirirse baixo petición en calquera librería do país. Tamén existe a opción de pedila directamente a Nova Escola Galega.
Subscrición
Outra opción para obter a revista é subscribirse para poder recibir directamente no teu domicilio cada número xusto cando saia.