Dixitalización nas aulas: medidas necesarias

A Revista Galega de Educación, publicación de Nova Escola Galega, publica o documento de “Medidas necesarias para mejorar la digitalización en las aulas”. Trátase da tradución ao castelán do texto publicado no número 92 da RGE (“Medidas necesarias para mellorar a dixitalización nas aulas Galegas”) que pretende complementar outro tipo de propostas e recomendación que existen actualmente en relación coa dixitalización na educación. Este conxunto de medidas busca axudar aos diferentes colectivos e institucións con responsabilidades na toma de decisións en relación a este tema, entre eles: a administración, centros educativos, universidades, profesorado, familias e alumnado. 

O artigo pode consultarse en castelán neste enderezo e en galego nestoutro.