Educándo(nos) para un futuro rural, desde as raíces galegas da sustentabilidade
Resumo
Para superar a actual crise terminal do capitalismo, urxe desenvolvermos un proceso de educación transformadora de base popular, alicerzada nas raíces antropolóxicas do rural galego, en congruencia coa sustentabilidade integral, e con alternativas autoxestionadas polas comunidades veciñais.