O rock infantil en lingua galega. Aproximación á evolución da música infantil en Galiza até a primeira década do século XXI
Resumo
Preténdese efectuar unha aproximación á evolución da música infantil en Galiza afondando, particularmente, na chegada do rock infantil en lingua galega, partindo dos seus inicios ata o escenario da primeira década do século XXI. Este percorrido posibilita o trazado dunha panorámica dalgúns dos materiais musicais cos que se pode contar a este respecto, poñendo en valor a multiplicidade de posibilidades didácticas que neles radican.