Publicidade

A Revista Galega de Educación é unha publicación cuadrimestral ao servizo do desenvolvemento da educación en Galicia e da formación do profesorado. A súa difusión media de entre 300 e 500 exemplares, que se diversifican sectorial e xeograficamente en Galicia.

Publicidade na revista impresa: lugares e tarifas

É posible inserir publicidade nas seguintes posicións da revista:

  • Contraportada exterior (a toda cor): 400 €
  • Garda anterior (a toda cor): 350 €
  • Garda posterior (a toda cor): 350 €
  • Páxina enteira (escala de grises ou bicromía): 300 €
  • Media páxina (escala de grises ou bicromía): 175 €
  • 1/3 páxina (escala de grises ou bicromía): 100 €

O Pantone utilizado para a bicromía vai cambiando, polo que de escoller esta opción haberá que consultar cal se está empregando nese número en concreto.

Publicidade na páxina web: lugares

É posible inserir publicidade nas seguintes posicións da web:

  • Na portada da web
  • No final dos artigos

Consultar condicións e prezos.

Condicións técnicas para a inserción publicitaria

No caso da publicidade da revista, a imaxe terá que ter unha resolución mínima de 300 ppp (puntos por polgada) e estar en formato JPEG ou TIFF.

No caso a publicidade na web, a web da RGE é responsive e está deseñada para adaptarse ao dispositivo do usuario (ordenador de escritorio, tableta, móbil, etc.). O formato do anuncio pode ser ben un código HTML tamén responsive coa información en varios formatos para adaptarse ao dispositivo do usuario, ou unha imaxe xunto con unha ligazón. No caso de empregar unha soa imaxe, o ancho desta deberá ser de 1200px e estar disposta en formato horizontal sen superar nunca a relación de aspecto 2:1.

En ambos casos os ficheiros deberán ser enviados por correo electrónico (neg@neg.gal) xunto coa información sobre o número da revista no que se inclúe, posición do mesmo, etc.

Compromisos do editor

  • Inserción publicitaria coa adecuada e pertinente calidade.
  • No caso da publicidade da revista impresa, entrega dun exemplar á entidade anunciadora.

Xestión económica

O pagamento realizarase por transferencia bancaria no momento da recepción da factura.

Entidade: ABANCA
IBAN: ES77 2080 0300 85 3040089500
Concepto: Inserción publicidade no nº XX da RGE.