Un fermoso e emocionado aloumiño a Moraima

Texto

Moraima, a nena paciente no seu intento de fala con Siri, mostra a conciencia no uso do galego, como debería ser normal cando menos na ampla maioría das nenas e nenos de Galicia. A normalidade que se oe nos meniños de Valença do Minho, ‘transformada’ -cunha ponte polo medio- no castelán ‘normal’ co que os avós e as nais de Tui lles falan aos seus meniños e meniñas. En 500 metros de distancia, e cando hai cen anos falaban uns e outros practicamente igual. Todo un ‘avance’… abenzoado por quen nos goberna! Moraima tamén vive con contrariedade que Siri non a entenda. Ademais dunha triste realidade viva, Moraima, como metáfora do que ocorre, debería ser unha radical chamada de atención; é un S.O.S. que a todos e todas nos convoca e que debe ir directo ao corazón de quen máis poder ten entre nós.

Moraima, a Revista Galega de Educación e o seu lectorado mándanche un emocionado aloumiño.

Descargar artigo

You can download this paper in the next formats:

Banners

Compartir